
Prata para o atleta valdeorrés Mateo Valcarce Fernández, do Club Adas Cupa, no campionato galego de marcha de inverno absoluto, que se celebraba neste 21 de novembro no Centro de Tecnificación de Pontevedra. O marchador lograba proclamarse subcampión nos 5 km marcha masculino, cun rexistro de 22:23.00 (MMP), só superado por Nicolás Collazo (Ames Atletismo).
Ademais, nos 3.000 m homes, repetíanse esas mesmas posicións, Nicolás Collazo era o primeiro absoluto e Valcarce segundo (tamén con MMP).
Nesta competición galega tamén había presenza valdeorresa do Adas noutras categorías e, nese senso, cabe destacar resultados como o segundo posto de Álvaro Blanco nos 1.000 m masculinos ou o cuarto posto de Daniel Bermúdez nos 2.000 m marcha, ambos con MMP.