
Con récord de España remataba a XVIII Carreira Popular dos Santiños, no Barco, cun circuíto homologado en 5 km. Algo que lle permitía nesta edición ao atleta veterano Saturnino González (Ourense Atletismo) bater o récord de España nesta distancia na súa categoría, a M65.
Así, facía unha espectacular marca de 17.58. A anterior marca estaba en 18.01. Era ademais o cuarto clasificado absoluto da proba nesta ocasión.
Fotos: A.R.
