Cun dos equipos que encabezan a clasificación da segunda división galega maculina de voleibo medíase na tarde do 21 de novembro o Dompavolei-Barco, nun encontro xogado na casa. Así os barquenses xogaban na sexta xornada da liga contra o CV Oleiros SMB, e, pese aos seus esforzos, non foron quen de vencerlle.
“Contundente derrota onte en casa”, comenta o adestrador do Dompavolei-Barco, Brasi. “Enfrontabámonos ao claro aspirante a gañar a liga. Empezamos moi frouxos en defensa, e non foi ata o terceiro set que conseguimos sincronizar defensa e ataque, sendo este ultimo set máis axustado ata o final”, conclúe.
Fotos cedidas.
