
Na tarde deste domingo 22 de novembro producíase un accidente en Ourense, no que resultaban feridas dúas persoas “tras chocar contra unha ponte na rúa dos Canteiros”, informan dende o 112 Galicia, indicando que foi un particular quen alertou contra as 18:40 horas. “Explicou que unha das persoas implicadas era incapaz de saír do vehículo”.
Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os axentes da Policía Local e os Bombeiros de Ourense que se encargaban de “liberar a unha persoa, que foi evacuada polo persoal sanitario xunto co outro ferido”.