
Despois do éxito da primeira edición o ano pasado, coas 50 prazas ofertadas cubertas (inicialmente eran 40 e tiveron que ampliar), o Centro de Deportes Barco presenta o Campamento de Ocio e Lúdico-Deportivo “BARCO NADAL – Winter Camp ‘26” ampliando nesta ocasión as prazas ata 60, tal como avanza o presidente do club, Nilo Ramos.
Dirixido a nenos e nenas de 4 a 14 anos, desenvolverase en dúas quendas, do 22 ao 31 de decembro de 2026 e do 4 ao 5 de xaneiro de 2027 no pavillón municipal de Calabagueiros que contará con calefacción, onde os asistentes poderán desfrutar dun sinfín de actividades: inchábeis xigantes, tiro con arco, paintball infantil, crazy karts, rocódromo, ximkanas e xogos deportivos, crazy karts, pista americana, quads… ademais dun rincón de obradoiros e manualidades.
O horario será de 10 a 14 horas (con servizo de madrugadores para un mínimo de 8 inscricións) e o prezo, 80 euros (desconto para o segundo irmán). Para reservar é necesario escribir aos números do cartel ou ás redes de Ocio y Deporte Valdeorras e Peluquería Nilo.
