Durante todos os sábados do mes de novembro, no salón de plenos do concello de Parada de Sil que se converte asiduamente en salón de usos múltiples por falla doutro local, tivo lugar un interesante taller, organizado por a Asociación ANPA “Os Noviños” coa súa presidenta Leticia Rodríguez, a fronte e contando coa colaboración do concello.
O curso de costura que se celebrou todos os sábados consistiu no aprendizaxe de manexo de máquinas de coser con prácticas par a confección dun chaveiro, un alfineteiro e un neceser entre outras cousas, quedando moi satisfeitas as 15 persoas participantes.

En paralelo, e durante dúas fins de semana de setembro e da man de Galespace, os cativos tiveron robótica e fixeron figuras en movemento, coches con motor e outros, polo que os 12 asistentes, ademais de desfrutar aprenderon algo para eles moi novidoso.
Fotos cedidas.
