CarballedaConcellosÚltima hora

Sobradelo celebrará o seu Mercado Navideño os días 12 e 13 de decembro, con multitude de produtos e propostas

Foto: Carlos G. Hervella.

 

Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Carballeda de Valdeorras prepárase para abrir as portas, con moita ilusión e multitude de propostas, do seu Mercado Navideño, que se desenvolverá os días 12 e 13 de decembro en Sobradelo, baixo o lema “Moito máis que un mercado: merca, crea e celebra o Nadal”.

Novamente, as persoas que se acheguen ata alí poderán visitar variados postos: dende produtos agroalimentarios de calidade, pasando por artesanía ou agasallos. E, arredor do mercadiño, desenvolveranse actividades dirixidas a todos os públicos e non faltarán as sorpresas. A apertura do mercadiño está prevista para o sábado 12 de decembro ás 16h.

“Con este mercadiño, a nosa intención é poñer en valor o sacrificio diario dos comerciantes e produtores locais, a súa ilusión constante e o seu servizo á sociedade. É duro nestes tempos ser autónomo, é duro para o comercio local loitar contra a competencia de grandes superficies comerciais, con todo, os comerciantes son a esencia da pequena e mediana empresa”, indica a alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, Mari Carmen González.

“O pequeno comercio dá vida e calor humana aos veciños e sirve de conexión social nos nosos pobos. Por iso”, prosegue a rexedora, “desde o Concello de Carballeda, rendémoslle homenaxe e animamos a xente a desfrutar de dous días de bulicio, música, atraccións e abrigo de exposición de produtos”.

 

 

 

Back to top button