Na tardiña do venres 27 de novembro arrancaba nas instalacións do Pádel Club Valdeorras, na Raña (O Barco), a liga organizada por Adrián Ramos e Iván Guntiñas. Tal como eles mesmos explican, será 2/3 venres de cada mes ata maio cando se disputará o máster final, dividida en varias categorías.
A xornada inaugural “foi un exitazo”, di Ramos, asegurando que pasou moita xente polo club, tanto para xogar como de público, e que se disputaron bos partidos. Tamén fixeron algún xogo e premios para o gañador.

Fotos cedidas.