Hai un mes o adestrador do Club River Stone do Barco de Valdeorras e seleccionador galego de kata, Nicolás Rodríguez, aseguraba nunha entrevista a O SIL que “a nivel técnico Galicia está moi ben, de feito agora mesmo é moi difícil quedar campión galego”. E así o veñen de demostrar dous dos seus alumnos, Brian Rodríguez e Diego Prada, logrando o terceiro posto, medalla de bronce, co equipo cadete-júnior galego de kata do que forman parte xunto a Jacobo Casado (Maceda) e Víctor García.
O Campionato de España Cadete, Júnior, Sub-21 de Karate estase a celebrar no pavillón municipal Font de Sant Lluís en Valencia e, representando a Vadeorras, tamén están Nazan Barreda e Cloe Yáñez.

Fotos: RFEK e cedidas.