No entorno da Casa do Río Cigüeño, no Barco, concentrábanse na mañá do domingo 11 de xuño os participantes na cuarta edición da Andaina Solidaria de Valdeorras a beneficio da Cruz Vermella. Unhas 80 persoas inscribíanse nesta cita benéfica, se ben só a metade facían o traxecto. O resto colaboraba coa súa aportación nesta iniciativa solidaria.
A camiñata, de 15 km, comezaba ás 9:30h. Dende a Casa do Río Cigüeño ían en dirección ao Serro. Despois voltarán ao Barco, percorrendo parte do Camiño de Inverno. A organización disporá dun avituallamento en Éntoma.
Fotos: Carlos G. Hervella
Máis fotos:
https://osil.info/andaina-solidaria-da-cruz-vermella-en-imaxes/