Está prevista para a tarde do 19 de xullo no salón de actos desta entidade
Obras de teatro, recital de música, bailes e cancións populares serán algunhas das propostas que se incluirán no programa da II Festa da Familia. Esta celebración está prevista para o vindeiro 19 de xullo a partires das 16h. na residencia da terceira idade do Bolo.
Ademais, nos salóns deste centro tamén se contará cun cortador de xamón profesional que fará unha demmostración e logo servirase unha merenda.