Os consorcios contra incendios e salvamento de Verín e da Limia celebraban na mañá do 3 de setembro sendos plenos que estiveron presididos polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. Nas sesións tamén participaron o director xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva, e os alcaldes e representantes dos concellos que forman parte destes consorcios.
No decurso de ambas xuntanzas a orde do día incluía puntos como a liquidación do orzamento de 2013 e da aprobación da conta xeral correspondente a dito exercicio. Ademais, acordouse prorrogar o contrato de concesión da xestión indirecta do servizo de intervención en emerxencias destes consorcios, e polo que respecta ao consorcio da Limia presentouse tamén a memoria de 2013.