Paisaxe e patrimonio en relación coa montaña e a súa posta en valor. Serán algún dos temas principais nos que se incidirá no seminario “As Paisaxes Culturais da Montaña Galega”, que se desenvolverá no entorno do Macizo de Trevinca, o teito de Galicia, do 6 ao 8 de outubro.
Este foro comenzará o vernes 6 de outuro ás 10:30h. coa conferencia inaugural “Paisaxe: da mirada individual á acción colectiva” a cargo do catedrático de Xeografía Humana, Joan Nogué, da Universidade de Girona. De seguido abordaranse os “imaxinarios paisaxísticos galegos” con Valerià Paül e Juan Trillo da Universidade de Santiago de Compostela, que ademais participarán en máis ponencias de carácter práctico como a de elaborar un “mapa colectivo das paisaxes culturais vistas” no percorrido ata a Lagoa da Serpe.
Na xornada do sábado 7 de outubro faranse achegamentos a outras paisaxes e culturas en relación coa montaña de zonas como Andalucía ou Cataluña, tamén se falará de patrimonio paisaxístico en zonas de montaña e e máis en concreto haberá un traballo de campo sobre as Minas de Vilanova (A Veiga) da man do historiador valdeorrés Ricardo Gurriarán, da USC, xunto a Paül. Gurriarán tamén terá outra intervención centrada no patrimonio histórico da minaría en Valdeorras.
No programa do domingo tocaranse temas como o do cambio climático, a ordenación das áreas sustentables de montaña ou a protección e conservación das paisaxes culturais neste medio. Asemade abordará un traballo final sobre a planificación para unha paisaxes cultural de montaña.
O seminario, organizado pola Escola Galega da Paisaxe (Fundación Juana de Vega), terá lugar en diferentes espazos (A Veiga, Ponte e Vilanova) e incluirá saídas de campo como complemento ás intervencións.