A III Ruta Larouco BTT e Andaina celebrarase este domingo 15 de outubro
13 de Outubro de 2017
A saída da dobre proba será ás 9:30 da mañá dende a praza do ConcelloMomentos previos á saída da ruta o ano pasado. /Foto: Carlos G. Hervella.
Cun mes de retraso con respecto á data prevista inicialmente, a III edición da Ruta Larouco BTT e Andaina celebrarase finalmente este domingo, 15 de outubro.
Organizada polo Concello de Larouco en colaboración co club Jabalíes da Rúa, a dobre cita deportiva sairá ás nove e media da mañá dende a praza. Dobre cita porque xunto á III edición da marcha en bicicleta de montaña cuns 40 quilómetros de percorrido e dificultade media polos montes de Larouco, celebrarase a II edición da andaina, sobre un percorrido duns 10 quilómetros para quen prefira facer a marcha a pé.
A inscrición (20 euros para a BTT e 15 para a andaina) inclúe avituallamento, camiseta, seguro e xantar no pavillón. A recollida de dorsais será a partires das 8:30h.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.