Dentro do programa de actividades de outono que se desenvolverán no concello de Trives está un obradoiro de gaita tradicional. Terá lugar o día 18 de novembro e será impartido polo gaiteiro Óscar Ibáñez. A iniciativa será organizada pola Banda de Gaitas Os Trintas de Trives.