O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, mantivo hoxe, 20 de decembro, unha xuntanza cos diferentes responsables da administración periférica do Estado na provincia para coñecer a evolución das accións que están a desenvolver cada un destes entes estatais.
Nesta xuntanza estiveron presentes o Secretario Xeral da Subdelegación, Manuel Arias Carral; Delegado de Economía e Facenda, Javier García Rodríguez; Delegada Provincial de Estatística, María Isabel Fariñas Pérez; Secretario Xeral da CH Miño – Sil, Manuel González Torres; Xefe Provincial da Inspección de Telecomunicacións, Enrique San Martín González; Inspectora da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social, Ruth Cobo Rodríguez; Directora Provincial do INSS. Tania Lamas Pérez; Director Provincial do SEPE. José Pérez Iglesias; Secretario de MUFACE. Antonio Peña Godoy; Enxeñeiro da Unidade de Estradas do Estado, Marcos Sánchez Carricoba; Director Provincial do Centro Penitenciario, Luís González Crego; Tenente Coronel Xefe da Garda Civil, Manuel J. Novo Colldefors; Inspector do CNP, Juan Antonio Padrón Francisco; Subxefa Provincial de Tráfico, Andrea Conde Guerra e o Xefe da Área de Traballo da Subdelegación do Goberno, Antonio Rodríguez Padrón.
Esta xuntanza enmárcase dentro da Comisión de Asistencia ao subdelegado, que con carácter bianual, “pretenden dar unha maior cohesión e coordinación ás medidas que o Goberno do Estado está ou vai executar no futuro en Ourense”, apuntan dende a Subdelegación.
De carácter informativo, esta Comisión pretende afondar no traballo en equipo, na valorización de ideas e na interconexión de pareceres e comprobar os obxectivos alcanzados, co gallo de evitar disfuncións da Administración e coa finalidade de seguir traballando nun mellor servizo prestado aos cidadáns da provincia.