Medio cento de expertos en bandeiras, enseñas e estandartes reuníanse do 17 ao 19 de outubro en Ponferrada (León) no marco do XXIX Congreso da Sociedade Española de Vexiloloxía.
Tras unha xornada inicial na que tiveron a oportunidade de visitar o museo das Cofradías, onde puideron contemplar emblemas, guións e vexilos, o congreso propiamente dito botaba a andar o día 18 cunha conferencia inaugural do profesor e historiador berciano, José Antonio Balboa de Paz, quen falou sobre “O Bierzo: o escudo e a bandeira”. Ao mediodía, os congresistas visitaban o Castelo dos Templarios, recibindo as oportunas explicacións do director de los Museos de Ponferrada, Francisco Javier García Bueso, e a exposición permanente dos fondos bibliográficos “Templum Libri” e biblioteca templaria, neste caso, da man do coleccionista e bibliófilo berciano, Antonio Ovalle García.
Finalmente na mañá do domingo 19 de outubro a sociedade celebraba a súa asemblea anual, na que se aprobaron las cuentas e se renovaron varias vocalías ao cumprirse o período regramentario de mandato.