CulturaCulturaÚltima hora

“Teatro para pájaros” o 8 de novembro en Ourense

A compañía Hestrión presenta no Teatro Principal a obra escrita e dirixida por Daniel Veronese
Escena de "Teatro para pájaros".
Escena de “Teatro para pájaros”.

O vindeiro sábado, 8 de novembro o Teatro Principal de Ourense acollerá a representacion de “Teatro para pájaros” da compañía Hestrión.

Escrita e dirixida polo arxentino Daniel Veronese, a obra retrata con fiereza o mundo dos actores, os seus amores endogámicos e as súas relacións cos produtores, autores e directores dos que dependen. “Non todo é negro ou branco na vida e a necesidade de sobrevivir ás veces forza a soster actuacións bastardas” explica Veronese sobre o texto que suma a interpretación de Xema Matarranz, Manuel Salgas, Asunción Ayllón, Elena de Cara, Enrique Torres e Paco Inestrosa.

A traxectoria artística de Histrión sostense en base a dous elementos fundamentais: a defensa do texto como elemento estrutural que suxeita con firmeza a proposta artística e a interpretación como vínculo estreito entre os intérpretes e o espectador. “Entendemos o teatro como unha expresión artística viva que nos permite pór a mirada en aspectos que nos interesan. Queremos achegarnos ao público, traballar directamente con e para o espectador, sen ambaxes, sen distancias, desde a emoción e até a emoción, con verdade” explican dende a compañía granadina que subirá ao escenario ourensán a partires das 20:30h. do sábado.

A venda anticipada de entradas para a función está dispoñible a través de www.entradas.abanca.com e do teléfono 902 43 44 43. Na taquilla do teatro os días 7 e 8 de novembro de 12h. a 14h. e dúas horas antes do inicio da función. O prezo das localidades é de 15€ (butaca, platea e 1º andar), 10€ (2º andar) e 8€ (paraíso e VR).

Artigos relacionados

Back to top button