Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

A 1ª proba da Liga Galega de MTB-O 2024 reúne no Bolo a uns 60 orientadores

 

Tras a xornada de orientación a pé disputada onte, na mañá deste domingo 25 de febreiro tocáballe o turno á xornada en bicicleta de montaña, a primeira proba da Liga Galega de MTB-O 2024, que reunía a máis de medio cento de participantes sobre o mapa de “O Serro-A Fraga dos Ladrois”.

A proba arrancaba en torno ás 11 da mañá coa saída do primeiro dos inscritos de clubs de toda Galicia nas diferentes categorías, a maioría participantes tamén na proba do sábado. Algúns xa non chegaron a saír, outros abandonaron, outros tantos deron erro na lectura da tarxeta e algúns entraron fóra de control. Na categoría raíña, a elite, o vencedor foi Nicolás López González que empregaba un tempo de 66:44 (1) facendo dobrete ao impoñerse o día anterior na proba a pé.

A proba, organizada polo Club Peña Trevinca Barco, contou coa colaboración do Concello do Bolo e da Federación Galega de Orientación así como membros do GES da Veiga e voluntarios velando pola seguridade dos participantes durante toda a fin de semana.

Fotos: David Méndez

Artigos relacionados

Back to top button