En portadaÚltima horaVídeos

A 20ª Volta Ciclista a Galicia ao paso pola meta voante do Barco

 

Arredor das 13:15h. deste 17 de setembro chegaba ao Barco o pelotón da 20ª Ciclista a Galicia, que disputa a terceira etapa desta proba. Numerosas persoas seguían o seu percorrido pola travesía xeral da vila (a estrada N-536, que se cortaba primeiro parcialmente ao tráfico e logo sufría un corte total durante uns minutos para poder permitir o paso da carreira polas rúas Conde Fenosa, Marcelino Suárez. Precisamente nesta última rúa sitúabase unha meta voante.

 

 

Despois os ciclistas seguían por Manuel Quiroga, cruzaban a ponte e logo, xiraban á dereita continuando OU-121, dirección ao Alto da Portela.

Fotos e vídeos: O SIL.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button