Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

A 2ª edición da andaina ‘Temos un camiño’, entre Éntoma e O Barco, será o sábado 7 de maio

 

A Concellería de Turismo do Concello de O Barco de Valdeorras organiza a 2ª edición da andaina ‘Temos un camiño, que se celebrará o vindeiro sábado, 7 de Maio, a partir das 9:30 horas. Trátase dunha andaina cultural e non competitiva, na que só se dispón de 50 prazas.

A camiñata ten 8 quilómetros de lonxitude e comezará na localidade barquense de Éntoma onde visitarán a adega Roandi, para rematar na igrexa da Proba onde todos os participantes serán convidado a un refrixerio.

As inscricións están abertas ata o mércores, 4 de maio, e poderán realizarse na oficina de turismo do Barco, situada na planta baixa do edificio multiusos, por teléfono no 604 07 69 18, ou na páxina web de Carreiras Galegas. Poderán participar persoas de todas as idades, e os menores deberán estar acompañados dos seus pais/nais ou titores, ou contar coa súa autorización

O Concello do Barco porá a disposición dos participantes un autobús que os levaran ata a saída da andaina e, unha vez rematada, volverá aos puntos de recollida. Os interesados en contar on este servizo deberán indicalo na inscrición. O autobús sairá ás 9 da mañá da Estación de Autobuses do Barco, e parará ás 9:05 na Praza do Concello e ás 9:10 na praza de Viloira, para logo dirixirse ao lugar da saída en Éntoma.

Artigos relacionados

Back to top button