ConcellosO BarcoÚltima hora

A 2ª fase de rehabilitación do entorno do Castro terá unha axuda de 168.792 euros do Ministerio de Transportes

O proxecto presentado polo Concello do Barco ten un orzamento total de 249.753 euros

 

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana resolveu a concesión definitiva dunha subvención de 168.792 euros para afrontar a segunda fase de rehabilitación do BIC do Castro. Trátase dunha axuda dentro do Programa 1,5% cultural, correspondente á convocatoria do ano 2019.

O proxecto presentado polo Concello do Barco ten un orzamento total de 249.753 euros, e o seu obxectivo é urbanizar as rúas situadas na contorna da Torre Fortaleza do Castro. O Concello xa procedeu á renovación das infraestruturas básicas (abastecemento, sumidoiros), así como á habilitación de tubarias subterráneas para que as empresas de servizos enterren todos os cables.

Para a execución das obras de urbanización utilizaranse os mesmos materiais que os usados na praza da Torre da Fortaleza, co fin de darlle unidade a todos os espazos existentes na súa contorna. Trátase de tres rúas, e o Concello ten previsto logo completar a rehabilitación integral do núcleo do Castro con obras de urbanización da praza, así como da muralla exterior, así como coa creación dunha senda peonil en torno a esa muralla.

O ministerio concedeu un prazo de seis meses para a adxudicación da obra. Está previsto comezar cos trámites administrativos de xeito inmediato, co fin de que as obras poidan iniciarse na próxima primavera, e cumprir así cos prazos de execución marcados na concesión da subvención.

Artigos relacionados

Back to top button