DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A 2ª proba da III Copa Deputación de Orientación, no Barco de Valdeorras

Unha trintena de deportistas participaban na carreira celebrada nas Festas do Cristo

Piragüismo, atletismo, fútbol, petanca, skate, BMX,… Moi completa foi este ano a oferta deportiva das Festas do Cristo que incluían asemade unha proba de orientación.

Na mañá do domingo 16 de setembro celebrábase na praia fluvial do Malecón barquense, a 2ª proba da III Copa Deputación organizada polo Club Peña Trevinca xunto coa A.D. Limiactiva. A media mañá celebrábase unha sesión de xogos previos para nenos e maiores (máis orientados a exercitar a mente), e xa en torno ás 12:30h. comezaba a carreira propiamente dita por parte do paseo do Malecón e o Salgueiral (atravesando a pasarela) na que tomaron parte unha trintena de deportistas de diferentes categorías. O presidente do club Pablo Aller, foi o encargado de dar as instruccións antes de que os corredores se puxeran en marcha, cos correspondentes planos e chaves en man.

A Copa Deputación de Orientación consta de 3 probas e na clasificación final puntúan as dúas mellores participacións das 3 probas programadas. A entrega de premios farase ao final da terceira.

Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button