CulturaCulturaÚltima hora

A 32 Semana de Cine do Barco será de “ataque social”

Celebrarase do 25 de agosto ao 2 de setembro no Teatro Lauro Olmo

 

A 32 Semana de Cine do Barco de Valdeorras que se celebrará do 25 de agosto ao 2 de setembro no Teatro Lauro Olmo, será de “ataque social” e adicará as butacas de honra a Groucho Marx que dá nome ao cine club e a Baños Filmes “unha empresa galega familar que xestiona entre outros os cines do Barco e A Rúa.

Así o adiantaba o presidente do Cine Club Groucho Marx, José María Rodríguez, na presentación realizada na mañá deste venres 18 de agosto xunto á concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta a quen daba as grazas “porque o Concello fai un ano máis posible que o cine ocupe o lugar que merece dentro da programación cultural valdeorresa”.

 

 

O cartel desta edición é obra do artista Anxo Baranga. Unha imaxe de Groucho Marx como afiador, cambiando a roda de afiar por unha máquina de cine na que se proxectan películas e que se reflexa moi ben no mural feito na zona vella do Barco. E como novidade está a incorporación de 4 documentais gratis e curtas feitas en Valdeorras (de Xacio Baños, de Cristina de la Torre e Víctor Santos,…) como “unha aposta do cine club por dar unha oportunidade aos xoves da bisbarra para proxectar os seus traballos na gran pantalla”, dixo José María explicando que a programación mantén coma sempre o ciclo infantil (5 películas), outro de cine español e de actualidade (7 películas) “que decidimos que fose de ataque social”.

O acto de inauguración, no que se descubrirán as butacas de honra, será o venres 25 de agosto ás 20 horas e incluirá a proxección do filme Os irmáns Marx no Oeste de Edward Buzzell [83′]. Ese mesmo día ás 23:30 horas haberá cun concerto na praza Maior a cargo de Los Tres de la Noche.

Ademais, durante a semana de cine decora as paredes do TLO unha exposición de litografías adicada a actores e actrices de cine, por lado cine basicamente americano e por outro español.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button