CulturaCulturaÚltima hora

A 36 MIT de Ribadavia clausúrase coa resolución do Premio Abrente e o Premio do Público

Esta actividade rematou na mañá do 27 de xullo cun encontro coa asociación DramaturGA

A 36 MIT de Ribadavia clausurouse na mañá do 27 de xullo coa resolución do Premio Abrente de Textos Teatrais e o Premio do Público. O premio Abrente recae nesta edición de 15 aniversario do Premio convocado pola MIT para a posta en valor da dramaturxia galega actual en O tsunami, de Marcos Abalde Covelo. Mentres que Teatro en Vilo, con Hoy puede ser mi gran noche e Leira, de Nova Galega de Danza, obteñen a puntuación máis alta, seguidas de Rebota rebota y en tu cara explota e Doña Rosita anotada.

 

O ganador do Premio Abrente co xurado./ Foto: MIT.

 

O xurado quixo explicar que O tsunami  “fai que a persoa lectora galega se sinta recoñecida e parte dese universo que presenta o espello desta peza, un espello que devolve unha imaxe deformada e que esperta unha perversa e nada compracente comicidade, sen perder por iso a forza do carácter poético, metafórico e simbólico”.

De xeito simbólico, a MIT rematou pola mañá cun encontro coa asociación DramaturGA e a presentación dos libros de pezas breves de varias autoras e autores galegos e tamén o libro sobre teorías queer Nxs, as inadaptadxs, de Através Editora, unha constatación da aposta pola creación actual e a perspectiva interdisciplinar da arte e da intervención social.

Artigos relacionados

Back to top button