OurenseÚltima hora

A 8ª edición da Feira Internacional de Antigüidades superaba as 2.300 visitas en Expourense

A gran poxa foi o momento de maior concentración de público, con pezas únicas a partir de 5 euros. A maior poxa foi unha talla relixiosa alemá do século XVIII que alcanzou os 200 euros

 

A Feira Internacional de Antigüidades, Antiq Auria, pecha as portas da súa oitava edición posicionada como unha das mellores citas do Norte de España e de Portugal. Os 42 expositores de 5 países que participaron nesta ocasión recibiron 2.300 visitas ao longo de toda a fin de semana, sendo esta xornada de domingo a máis concorrida.

Como é habitual, un dos momentos con maior presencia de público foi a gran poxa celebrada esta mañá ás 12.00h. Os visitantes, e tamén os propios expositores, puideron poxar por pezas únicas que tiñan un prezo de partida de 5 euros. A peza con maior poxar foi unha talla relixiosa de madeira do suglo XVIII procedente de Alemaña que alcanzou os 200 euros. Foi unha oportunidade para os visitantes que puideron facerse con pezas únicas un “xugo de buyes” por tan só 15 euros ou unha cabeza de “Piolín” dun parque de atraccións por 25 euros.

Conclúe así a primeira feira de novembro en Expourense. O recinto feiral mañá a campaña de vacinación que estará de luns a xoves, xa que a próxima fin de semana, de venres 15 a domingo 17 e novembro, celébrase o 15º Salón do Automóbil – Vehículo Novo e, como é habitual, a fin de semana seguinte, do 22 ao 24 de novembro, o 15ª Salón do Automóbil- Vehículo de Ocasión.

Artigos relacionados

Back to top button