Xa hai data para a celebración da 8ª edición do SilFest Valdeorras, o festival que mestura música, catas, cine, poesía, natureza e actividades para os máis pequenos,á beira do Sil.
Será os días 18, 19 e 20 de xullo, coma sempre na praia fluvial do Malecón, no Barco de Valdeorras, onde os asistentes poderán cantar, bailar, rir e tamén brindar. En definitiva unha fin de semana para desfrutar da mellor música en directo e ao aire libre.