CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A academia de danza Bayadère pecha o curso cun multitudinario festival no Teatro Lauro Olmo do Barco

Hoxe, ás 20:30 horas, haberá un segundo pase para a xente que non pudo asistir onte

 

Na tarde do luns 26 de xuño a academia de danza Bayadère pechaba este curso académico, coma sempre no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras e diante de numeroso público, con coidadas coreografías e impecable vestiario, onde as alumnas amosaban toda a súa arte. Dende as máis pequeniñas de iniciación á danza e pre-danza, pasando polos diferentes niveis tanto de baile clásico como moderno, todas tiveron o seu momento, arrrancando sonoros aplausos e vítores. Por algo a profesora non pode estar máis orgullosa delas.

 

 

Como cada ano na sesión de onte pechaban o cartel de non hai entradas polo que quen queira ver o espectáculo ao completo e non pudera asistir, terá unha nova oportunidade esta tarde, á mesma hora e no mesmo lugar (20:30h. no TLO), cun segundo pase.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button