OurenseÚltima hora

A actriz Isabel Blanco recibe o XXXV Premio “Celanova Casa dos Poetas”

O acto de entrega do galardón tiña lugar na mañá do domingo 8 de setembro

 

Un ano máis, a principios de setembro, Celanova lembraba aos seus ilustres escritores coa entrega do XXXV Premio “Celanova Casa dos Poetas” á actriz Isabel Blanco.

Os actos programados para este domingo 8 de setembro comezban coa recepción na Casa do Concello da premiada nesta edición así como dos convidados entre os que estaban o presidente do Parlamento de Galicia, o director xeral de Políticas Culturais, o vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, a xefa territorial de Cultura en Ourense, así como numerosos persoeiros vinculados ao mundo da cultura como Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, Acisclo Manzano e Xosé Luís Méndez Ferrín, entre outros.

 

Recepción dos convidados ao acto.

 

De seguido tiña lugar unha ofrenda floral e unha semblanza de Celso Emilio diante do seu monumento con motivo do 40 cabodano. Tras o saúdo por parte do alcalde de Celanova e Presidente da Fundación Curros Enríquez, Antonio Puga Rodríguez, colocábase un centro fronte o busto do poeta mentres o grupo de gaitas do Concello de Celanova interpretaba o Himno Antergo do Reino de Galicia.

 

Asistentes ao acto na Casa dos Poetas.

Os asistentes, unha vez rematada a homenaxe, trasladábanse á horta da Casa dos Poetas acompañados polo grupo de gaitas O gaiteiro de Penalta para proceder á entrega do premio. Na mesa estaban o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo; o Presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o presidente da Fundación Curros Enríquez, Antonio Puga Rodríguez; a premiada, Isabel Blanco; Miguel Anxo Fernández e Rosendo Fernández Vicepresidente da Deputación provincial de Ourense.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button