CulturaCulturaÚltima hora

A actriz Lucía Álvarez, natural de Río, será a pregoeira da festas de Rosa de Luxemburgo de Aravaca (Madrid)

 

A pregoeira das Festas de Rosa de Luxemburgo de Aravaca (Madrid) deste 2023 será a actriz e directora Lucía Álvarez, natural de Mouruás (San Xoán de Río). Este acto está previsto para o vindeiro 17 de xuño.

Formada no Laboratorio Teatral de William Layton, esta actriz ten traballado en cine en filmes como “Dioses y perros” dirixida por David Marqués, “Todo es silencio” de José Luis Corda ou “Esperpentos” de José Luis García Sánchez. Ademais levaba a cabo o seu primeiro proxecto como director coa curtametraxe “Amanezca”, que se presentaba en setembro do 2020 na inauguración do Festival Internacional de Cine de Ourense.

En televisión participaba nas series de Telecinco “La que se avecina” ou “Vivir sin permiso” esta última tamén pode visionarse en NETFLIX. Nesta plataforma tamén se pode ver o seu traballo na serie “O sabor das margaridas”. Participou en “Centro Médico” de TVE, ademais de en series como “Cuéntame como pasó”, “Martes de carnaval” ou a galega “Urxencia cero”. En teatro traballou con directores como Emma Cohen, María José Goyanes, Carmen Losa, Mar Díez…

En teatro destaca a súa interpretación en pezas como “Mariana”, un monólogo escrito polo Premio Nacional de Literatura Dramática e Premio Nacional de Teatro José Ramón Fernández dirixido por David Ojeda. Ademais ten realizado nunha xira internacional xunto á pianista e Premio Nacional de Música Rosa Torres-Pardo con “A Rosalía. Concerto para piano e voz emocionada”, entre outros proxectos.

 

Artigos relacionados

Back to top button