CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A actriz Sabela Hermida, de orixe valdeorresa, presentará no Barco o seu libro sobre María Casares

O acto está previsto para o vindeiro 13 de xaneiro ás 19:30h. na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán

A actriz Sabela Hermida./ Cedida.

 

En “María Casares fronte ao espello” (Xerais) a actriz de orixe valdeorresa Sabela Hermida afonda na figura desta muller galega, considerada un mito do cine francés. Nacida na Coruña en 1922 e falecida en Alloue, Francia, en 1996, a actriz María Casares, cuxo centenario se celebraba o pasado 2022, facía do teatro unha patria eterna e universal.

O seu legado artístico e filosófico está considerado un referente para o teatro do século XX, especialmente para o teatro do exilio. No seu libro Sabela Hermida aborda a figura e o legado de María Casares a través dunha retrospectiva da súa biografía, evolución artística e concepción da arte dramática, influenciada en gran medida pola corrente existencialista francesa e pola experiencia do exilio.

Este volume será presentado o vindeiro 13 de xaneiro ás 19:30h. na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco e nel está prevista a presenza da autora.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button