EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A adegueira trivesa Xiana Domínguez: “O Macizo Central ourensán é das zonas rurais máis esquecidas, necesita axuda urxente”

Participaba nunhas xornadas para celebrar o Día Internacional das Mulleres Rurais organizadas polo Capítulo Serenísimo do Albariño en Adegas Martín Códax

A trivesa Xiana Domínguez, de Adegas Chao do Couso./ Foto cedida.

 

As dificultades para saír adiante na actualidade no rural da Galicia interior, con falta de infraestruturas de comunicación e perda de poboación e servizos, expoñíaas a adegueira trivesa Xiana Domínguez nunha mesa redonda organizada o 15 de outubro con motivo dunhas xornadas para celebrar do Día Internacional das Mulleres Rurais, organizadas polo Capítulo Serenísimo del Albariño en Bodegas Martín Códax (Cambados, Pontevedra). Nelas contábase coa presenza de diversas autoridades como o conselleiro do Medio Rural, José González, ou a secretaria xeral de Igualdade, Susana López.

“Son do Macizo Central de Ourense, o rural máis rural que pode haber xunto co do interior de Lugo. Son as zonas máis castigadas e olvidadas”, dicía Xiana Domínguez, responsable da adega Chao do Couso, ao inicio da súa intervención.

Explicaba tamén o problema da despoboación no concello da Pobra de Trives e as súas limitadas infraestruturas e servizos. “A autovía máis cercana témola a 1 horas, non temos 4G, o hospital témolo a unha hora de distancia e para chegar a el temos que pasar por unha ponte romana que ten 1.900 anos, xa tivemos partos na metade do camiño. Somos unha zona esquecida, pero con ganas de traballar. Temos que seguir loitando por unha zona tremendamente rica, pero que necesita axuda urxente”, destacaba.

 

Imaxe da mesa redonda coa participación doutras mulleres relacionadas co mundo do viño./ Foto cedida.

 

Lembraba tamén que se incorporou ao mundo do viño para facerse cargo da adega familiar cando o seu pai tivo que deixala por motivos de saúde e “nunca tivo ningún problema por ser muller”. Incidía tamén no feito de que moita xente nova marcha por falta de oportunidades laborais, pero que tamén hai quen quere quedarse e que loita por intentar saír adiante, aínda que a situación é complicada.

Nestas mesmas xornadas tamén participaban, outras representantes como Eugenia Medina González, responsable da asesoría Dona Branca na Rúa e que actualmente é presidenta da Asociación Galega de Mulleres Rurais. Na súa intervención sobre a importancia da muller no mundo rural.

 

Eugenia Medina González, durante a súa intervención.

 

Artigos relacionados

Back to top button