SanidadeÚltima hora

A AECC de Valdeorras organiza un obradoiro de risoterapia o 13 e o 20 de febreiro

Impartirase nun horario de 11:30h. a 13h. no terceiro andar da Casa da Xuventude do Barco

Dentro das actividades que a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Valdeorras está a desenvolver neste ano figura un obradoiro de risoterapia que se celebrará os vindeiros días 13 e 20 de febreiro no Barco. En concreto este taller impartirase en horario de mañá, de 11:30h. a 13h. no terceiro andar da Casa da Xuventude do Barco (edificio da biblioteca municipal).

As persoas interesadas poden ampliar información e inscribirse chamando aos teléfonos 988 219300 (AECC Ourense) ou no 699 980 695 (AECC Valdeorras).

Na organización deste obradoiro a AECC contará coa colaboración do Concello do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button