SanidadeÚltima hora

A AECC terá sede no Hospital de Verín

Esta asociación e a Xerencia de Xestión Integrada asinaron un convenio con motivo do seu labor de apoio aos pacientes e ás súas familias

Os tres hospitais públicos do Servizo Galego de Saúde de Ourense (Hospital Comarcal Valdeorras, Hospital de Verín e Hospital Universitario de Ourense) contarán coa presenza da Asociación Española contra o Cancro. Esta consistirá na habilitación de locais desta entidade co obxectivo de estar a disposición dos pacientes con tratamento oncolóxico e das súas familias. O convenio afecta principalmente ao Hospital de Verín, xa que era o único que non dispoñía deste servizo que xa funcionaba nos outros dous.

 

 

O convenio foi asinado esta mañá do día 4 de xullo no Hospital Universitario de Ourense polo responsable da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Julio García Comesaña, e a presidenta da xunta provincial da AECC, María Isadora Gómez Segade. Ademais, contaron coa asistencia da nova traballadora social da asociación para o Hospital de Verín, a cal iniciará estes días a súa actividade de apoio e asesoramento.

O obxectivo desta iniciativa é o apoio e acompañamento, orientiación e apoio psicolóxico aos pacientes dos tres hospitais, xa que todos ofertan asistencia oncolóxica, con hospitais de día para os tratamentos de quimioterapia. Ademais, cómpre evitar traslados aos pacientes de Verín e Valdeorras, xa que entre ambos atenden a unha media anual de mais de 200 pacientes.

Así, mediante a sinatura do convenio, o Sergas comprométese a facilitar un despacho, mentres que a AECC obrígase a aportar persoal e voluntarios.

 

Texto: Alba Prada

Artigos relacionados

Back to top button