ConcellosÚltima hora

A ANAV Protección Civil de España concédelle o bronce a título póstumo ao bombeiro barquense Luis Ramos

Este recoñecemento terá lugar nun acto previsto para o vindeiro 26 de outubro na Academia Galega de Seguridade

Luis Ramos, á esquerda de todo agachado, con membros de Protección Civil no Barco./ Foto cedida.

 

Nun acto público previsto para o vindeiro 26 de outubro na Academia Galega de Seguridade Pública na Estrada (Pontevedra), a Asociación Nacional de Agrupacións e Asociacións de Voluntarios de Protección Civil de España (ANAV) concederá, entre outros recoñecementos, unha distinción a título póstumo a Luis Ramos Álvarez, que foi membro de Protección Civil do Barco e bombeiro, ademais de concelleiro barquense.

En concreto, concederáselle a Cruz de Servizos Distinguidos na súa categoría de bronce a ítítulo póstumo.

 

Artigos relacionados

Back to top button