
Un taller de manualidades e un mercadiño. Son as dúas actividades que organizan este ano dende a ANPA do CEIP Xosé Manuel Folla Respino para as datas de Nadal, coa colaboración do Concello de Vilamartín de Valdeorras.

A primeira, un obradoiro de adornos de Nadal, está prevista para a fin de semana do 14 e 15 de decembro a partir das 16:30 horas. Unha actividade de manualidades na que traballarán con materiais nanturais e reciclados como piñas, madeira, froitos secos, ramas, follas de piñeiro,…

A segunda, o xa tradicional “Mercadillo de Nadal” será o 24 de decembro (día de feira) de 11 a 18 horas na praza do pobo con postos de artesanía, produtos típicos, oportunidades, segunda man,… e para os máis pequenos, ruta en Tren de Nadal e Casa de Papá Noel.



