CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

A ANPA do Colexio Divina Pastora organiza unha animada festa de fin de curso no Chao, no Barco

 

Tras varias actividades ao longo do ano, a ANPA do Colexio Divina Pastora do Barco remata o curso da mellor forma posible, cunha animada e concorrida festa para asociados no Chao.

 

 

Dende colchonetas de diferentes dimensións e formas ata unha suculenta merenda, sen esquecer a música a cargo dun dj. Dende as seis e ata as oito da tarde deste mércores 12 de xuño, alumnos e pais desfrutaron dunha divertida tarde coa que poñen o broche ao curso que está a piques de rematar.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button