CulturaCulturaÚltima hora

A “Aperta” de teselas do Barco xa está completa

Este mural pode verse xa rematado na marxe dereita do río Cigüeño

 

É unha aperta simbólica e permanente nun tempo marcado polo distanciamento social. Dende este 13 de setembro xa pode contemplarse na marxe dereita da desembocadura do río Cigüeño, no Malecón do Barco, o mosaico “Aperta”, un proxecto deseñado por Pablo Framiñán, rapaz barquense de tan só 13 anos, e coordinado polo artista Gerardo Rodríguez “Chere” e polo seu irmán, Manolo.

Trátase dunha alegre e colorista obra colectiva que pretende ser unha homenaxe aos traballadores esenciais que durante o confinamento seguiron desenvolvendo a súa profesión a diario. Este mural ten contado coa colaboración de diversas persoas que (dende o sábado 12 de setembro ás 10h. ata o mediodía deste domingo) participaban poñendo cadansúa tesela. Entre elas non faltaban sanitarios, membros das forzas de seguridade, voluntarios de Protección Civil, bombeiros…

Ademais neste mosaico tan especial deixaron a súa pegada tres xeracións da familia Rodríguez Ramos, dende avós ata netos.

Fotos: A.R./ Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button