ConcellosManzanedaSan Xoán de RíoTrivesÚltima hora

A Área do PAC de Trives baixa a 21 casos activos de Covid, 11 menos que o venres

Exterior do Centro de Saúde de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Descenso considerable nos casos activos de Covid na Área do PAC de Trives, formada polos concellos da Pobra de Trives, San Xoán de Río e Manzaneda que neste luns 20 de decembro rexistra un total de 21 positivos, 11 menos que o venres cando se facían públicas as anteriores estatísticas.

Así, segundo os datos emitidos hoxe polo Sergas (actualizados ás 18h. de onte) por municipios, é Trives a que rexistra a baixa, situándose en 16 casos activos (11 menos que o venres). Manzaneda ten 3 positivos (a mesma cifra dende o 14 de decembro) e San Xoán de Río ten 2, os mesmos que o venres.

 

Artigos relacionados

Back to top button