ConcellosSan Xoán de RíoTrivesÚltima hora

A área do PAC de Trives chega aos 21 positivos de Covid, 1 máis que onte

Publicidade
Exterior do Centro de Saúde de Trives.

 

Mantense a tendencia á alza nos casos activos de Covid-19 na área do PAC de Trives. Segundo os datos comunicados hoxe aos concellos polo Sergas (actualizados ás 18h. de onte), Trives rexistra 15 positivos (a mesma cifra de onte), Manzaneda 5 positivos (1 máis que onte) e Río continúa con 1 positivo. Son, polo tanto, 21 casos na área deste PAC, 1 máis que onte.

“Non temos datos, e polo tanto, non se ofrecen, dos que non teñen médico no noso PAC nin da estación de montaña”, aclaran dende o Concello da Pobra de Trives que, novamente, incide na importancia da prevención da responsabilidade “estamos a dobrar as cifras de contaxios dos peores meses da pandemia e tristemente seguen os falecementos por mor de esta enfermidade da que aínda descoñecemos os efectos secundarios que poidan aparecer co paso do tempo. Por iso, por favor, pensemos todos na colectividade e evitemos interaccións sociais, sobre todo en interiores”.

Dende o Concello de Manzaneda asegúrase que “continuaremos respectando as indicación que nos dictan dende Sanidade, e tamén as da nosa Área Sanitaria”, e tanto esta administración local como a agrupación local de voluntarios de Protección Civil póñense a disposición das persoas afectadas para o que precisen.

Artigos relacionados

Back to top button