ConcellosManzanedaSan Xoán de RíoTrivesÚltima hora

A Área do PAC de Trives chega aos 58 casos activos por Covid

Publicidade
Exterior do Centro de Saúde de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tendencia tamén á alza no total de casos activos por Covid na Área do PAC de Trives, que inclúe aos concellos da Pobra de Trives, San Xoán de Río e Manzaneda. Neste mércores 12 de xaneiro rexistra un total de 58 contaxios activos (datos actualizados pola Consellería de Sanidade ás 18h. de onte), o que supón 13 máis que o pasado luns e 7 máis que onte.

Así Manzaneda sobe ata os 6 casos activos (3 máis que onte), se ben aínda se mantén como o concello do PAC con menor número de casos activos. Pola súa banda, Trives chega aos 43 positivos, o que supón 5 máis que onte; e San Xoán de Río rexistra 9 positivos, 1 menos que onte.

Artigos relacionados

Back to top button