Leve descenso nos casos activos de coronavirus na Área do PAC de Trives, que inclúe os concellos de Trives, Manzaneda e San Xoán de Río. Neste mércores suma 79 positivos, o que supón 2 menos que onte, segundo os datos da Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte).
As cifras de contaxios activos mantéñense igual que onte en Manzaneda con 5 positivos e na Pobra de Trives con 23, mentres que se rexistra un pequeno descenso no concello de San Xoán de Río que ten 51 positivos, 2 menos que onte.