SanidadeÚltima hora

A área sanitaria ourensá participa na Feira do Emprego do Campus Universitario de Ourense

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras participará maña cun stand na Feira do Emprego 2023 da Universidade de Vigo no Campus de Ourense, informando a todos os que se acheguen a el sobre as vías de acceso ao Servizo Galego de Saúde, as profesións e graduacións universitarias que exercen e se requiren ou os centros dos que se dispón en Ourense.

Ademais das graduacións en ciencias da saúde como medicina, farmacia, fisioterapia ou enfermería, nos centros de saúde e hospitais públicos son indispensables outros moitos perfís profesionais que día día fan posible a súa actividade como graduados en enxeñería, dereito, economía ou empresa, sistemas da información, ciencias da información, arquitectura e un longo etcétera as veces moi descoñecido.

A feira “EmpregoinCampus” bríndalle á comunidade universitaria a oportunidade de coñecer de primeira man as oportunidades profesionais ofrecidas por máis de 100 entidades de moi diversos sectores, así como de contactar directamente coas persoas responsables dos procesos de selección.

EmpregoinCampus Ourense está organizada pola Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade e conta co apoio da Vicerreitoria do Campus de Ourense, da Deputación de Ourense e do EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal, e terá lugar mañá mércores 22 de marzo de 2023, entre as 10.00 a 19.00 h no Pavillón universitario de deportes, das Lagoas,

Artigos relacionados

Back to top button