
Hai un total de 5 casos activos de Covid-19 na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, segundo a última actualización de datos que vén de facer pública a Consellería de Sanidade. Deles, un está ingresado no Hospital Universitario de Ourense. Trátase do traballador procedente de Lleida que estaba na comarca trivesa.
Os outros catro casos activos están a seguemento a domicilio. O total de casos rexistrados na provincia dende o inicio da pandemia ascende a 2.026, con 1.889 curados e 132 falecementos, segundo as cifras de Sanidade.