SanidadeÚltima hora

A área sanitaria ourensá súmase á campaña “Onde está o meu médic@ anestesista. Quero coñecel@”

Enmárcase na celebración o 16 de outubro do Día Mundial da Anestesioloxía que conmemora a primeira intervención cirúrxica co uso de anestesia

 

O persoal médico especialista en Anestesioloxía e Reanimación da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras participa en mais de 15.000 intervencións cirúrxicas anuais, en ao redor de 300 cesareas, e en máis do 80% dos partos, ingresan e atenden a máis de 600 pacientes críticos, na súa unidade de Reanimación, realizan preto de 12.000 consultas, fan posibles -sen dor- todo tipo de probas diagnósticas e procedementos doutros servizos, ademais de plantarlle cara directamente a dor, a través da súa propia unidade.

Coincidindo coa celebración mañá, día 16 de outubro, do Día Mundial da Anestesioloxía que conmemora a primeira intervención cirúrxica co uso de anestesia, no Hospital Xeral de Massachusets de Boston, o mesmo día de 1846, o que permitíu a evolución da cirurxía de doutras moitas especialidades, a Área Sanitaria de Ourense únese a celebración deste persoal indispensable na medicina moderna, e pese a elo pouco coñecidos pola poboación xeral, sumándose a campaña “Onde está o meu médic@ anestesista. Quero coñecel@” e editando un video que da a coñecer a amplitude das súas funcións.

Anestesioloxía está presente nos tres hospitais públicos da provincia: os de Ourense, Verín e Valdeorras, e é tamén un servizo docente que da formación pre e postgrao vía MIR. Todos eles actúan tanto nas intervencións cirúrxicas maiores como en moitas das ambulatorias, así como nos partos vaxinais e por cesárea, aplicando anestesia epidural ou intradural. Ademais de controlar a dor resistente tamén interveñen en multitude de procedementos e probas diagnósticas que requiren sedación.

Artigos relacionados

Back to top button