CulturaCulturaÚltima hora

A arte volverá saír á rúa en MARCO Petín 2023, do 18 ao 20 de agosto no casco vello

MARCO Petín 2022./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Co obxectivo de achegar a arte á xente, nun entorno privilexiado, nacía MARCO Petín, unha mostra de artistas locais que neste mes de agosto celebrará unha nova edición.

Tal como avanzan dende a propia organización a través das redes, a “experiencia artística” ao aire libre celebrarase do 18 ao 20 de agosto, coma sempre nas rúas do casco vello de Petín, contando coa obra de artistas como Cochorro, Chus González, Losé Luis (Lili), Iván Prieto, Reme Remedios, Clara Quiroga ou Alba Aizpuru.

 

Artigos relacionados

Back to top button