CulturaCulturaEntroido 2022MúsicaÚltima hora

A artista italiana Monica Mura, na revista “Entroido en Galicia 2022”

A súa instalación "Ser son", cos elementos sonoros de 18 máscaras ourensás, poderá visitarse ata abril na sala Alterarte de Ourense

A artista multidisciplinar e performer Monica Mura, amosando a súa entrevista na revista “Entroido en Galicia”./ Cedida pola artista.

 

A través do son a artista interdisciplinar Monica Mura establece un diálogo entre dúas tradicións: o Entroido de Galicia, o seu lugar de residencia dende hai 20 anos, e o Carnaval da súa Sardeña (Italia) natal. Tras o proxecto “Sonallas”, baseado nos elementos sonoros das máscaras sardas e que desenvolvía no 2021 no Centro Galego de Arte Contemporánea (en Santiago); agora ten en marcha na Sala Alterarte de Ourense “Ser Son”. É unha instalación sonora creada con 18 cordas, cada unha dedicada a unha máscara do Entroido tradicional da provincia de Ourense, que pode visitarse ata o 7 de abril.

Dela e da investigación realizada arredor desta tradicion fala Monica Mura nunha das entrevistas incluídas na revista “Entroido en Galicia 2022”, editada polo Periódico O SIL. Con esta publicación fotografábase e, amablemente, envolvíaa co son da perfomance realizada na apertura de “Ser son” neste vídeo que segue. Dende estas liñas o noso agradecemento.

 

Artigos relacionados

Back to top button