ConcellosÚltima horaVídeos

A Asociación A Pinguela de Manzaneda, na Romaría Etnográfica Raigame

Era unha das agrupacións de danza que participaban nesta festa da cultura tradicional en Vilanova dos Infantes (Celanova)

 

A partir das 11h deste 17 de maio cobraba vida ao longo das rúas de Vilanova dos Infantes (Celanova) a XX Romaría Etnográfica Raigame. Ademais dos tradicionais postos artesanais, actividades de gastronomía, música, baile e teatro de rúa que permitirán viaxar a comezos do século XX, mostrando ademais os oficios da época e mesmo recreando a sociedade do momento a través da vestimenta.

Oficios como teares, fotógrafos, xoieiros, vidreiros, talleres de música tradicional, carpinteiros e zapateiros entre moitos outros, ambientarán as rúas da vila na que tamén se daban cita grupos de música, baile e teatro. Entre eses grupos estaban a Asociación A Pinguela de Manzaneda, con actuacións de baile tradicional.

 

 

Non faltaban tampouco propostas como o concurso de fotografías, micro vídeos e, como novidade este ano, un certame de decoración das vivendas de Vilanova dos Infantes.

Deste xeito, demostracións de artesáns, gastronomía, contacontos, monicreques, bailes, os danzantes da Virxe do Cristal, a Banda de música de Vilanova e moitas outras iniciativas convertían novamente a Romaría Etnográfica Raigame nunha auténtica festa da cultura tradicional galega.

Fotos e vídeos cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button