Nesta ocasión a meteoroloxía si acompañaba no primeiro de maio, Día do Traballo, cunha xornada entre nubes e claros pero cunha agradable temperatura que animou a tradicional celebración do San Xil Vello na ermida situada no monte, preto do Teixadal de Casaio, no concello de Carballeda de Valdeorras.
Nestas imaxes pode verse a procesión coa imaxe do santo coa que comezaban os actos da xornada que inluían misa e xantar ao aire libre.
Fotos cedidas.
Máis información e fotos:
Casaio (Carballeda de Valdeorras) abre o mes de maio honrando ao San Xil Vello na ermida