CulturaCulturaÚltima hora

A Asociación Boca do Monte dos Anguieiros (Quiroga) vai de excursión ao Cebreiro, Samos e Triacastela

Unha vintena de asociados desta entidade lucense percorrerá un dos itinerarios que propón a Deputación para coñecer a provincia

Imaxe de arquivo dunha saída da Asociación Boca do Monte./ Foto cedida.

 

Este mércores 5 de abril a Asociación Boca do Monte dos Anguieiros, en Quiroga, participará no programa ‘Coñece a túa Provincia’ que ofrece dende hai uns anos a Deputación de Lugo.

Unhas 20 persoas de diferentes xeracións xuntaranse para saír de excursión ese día con destino ao Cebreiro. Despois dunha parada en Lugo para coñecer a institución provincial, dirixiranse á aldea do Cebreiro onde visitarán o santuario e a palloza museo para despois facer un percorrido duns 2 quilómetros do Camiño Francés a Santiago. A continuación, as paradas previstas serán Samos e Triacastela.

“Será a nosa primeira excursión xuntos, nunha actividade conxunta e socializadora que nos levará fóra da nosa contorna de Montefurado e Quiroga”, comenta Xosé Manuel Fernández, o presidente da entidade., engadindo que “traslada os seus parabéns e agradecemento á Deputación de Lugo pola iniciativa”.

 

Vista panorámica dos Anguieiros, Quiroga (Lugo)./ Foto cedida.

 

O programa ‘Coñece a túa Provincia’ foi deseñado pola Deputación de Lugo para “reactivar a hostalería, apoiar e dar visibilidade a destinos (lugares, establecementos e profesionais que forman parte da cadea de valor do sector turístico) e sensibilizar á veciñanza do potencial da súa provincia favorecendo tamén as escapadas de proximidade e o desenvolvemento económico, social e medioambiental”. Ofrece unha excursión a cada entidade beneficiaria na que se inclúe o transporte de ida e volta aos destinos, póliza de seguro de viaxeiros, menú de xantar e entradas para os lugares que se visiten. Ademais, con cada grupo irá un guía acompañante coa habilitación de ‘guía oficial de turismo de Galicia’.

Artigos relacionados

Back to top button